2010-02-06 Presentación carnaval inglés
Hoxe as 12,30h no concello de Vilagarcía a presidenta de Zona Aberta, a concelleira de comercio e o presidente da asociación de hosteleiros presentaron o carnaval inglés. Un carnaval que este ano se celebrará o dia 20 de febreiro e onde os premios serán os seguintes: consistirán en: a) Categoría parella: Fin de semana a Londres para dúas persoas, por un importe máximo de 700 € b) Categoría grupo: 500 € en vales compra a gastar nos comercios asociados a Zona Aberta. c) Categoría individual: 200 € en vales compra a gastar nos comercios asociados a Zona Aberta.