O sábado 7 de marzo saimos á rúa
Os comercios asociados a Zona Aberta saen á rúa
O sábado 7 de marzo saimos á rúa para que coñezas e disfrutes dun día de actividade. "De Compras na Rúa": O comercio local da vida ás rúas de Vilagarcía. Cada día os comercios esperan polas túas visitas para ofercerte os produtos e servizos que necesites.
Nesta ocasión saimos á rúa da que formamos parte todas as persoas, comerciantes e clientes, veciños e visitantes. Si o tempo nos acompaña viviremos unha xornada de convivencia, espazo comercial e actividade lúdica para os máis peques e familias.
Sábado 7 marzo
10:00h . 20:30h
Praza de Galicia, Vilagarcía