saudo

Queridos amigos/as: 

É para min un pracer e unha honra dirixirme a todas/os vós en representación da Xunta Directiva de Zona Aberta.

Somos unha asociación que loita polo pequeno comercio, o que levou a Zona Aberta a unha gran actividade de carácter social, de promoción comercial e de defensa do Centro Comercial Aberto. Estamos contentos e satisfeitos duns resultados de excelente calidade. 

O futuro do comercio tradicional encóntrase amenazado pola crecente implantación de hipermercados, grandes superficies e cadeas estranxeiras que lles resta toda a capacidade de competir en precios e productos. Por todo esto, desde Zona Aberta tratamos de desenrolar unha política comercial conxunta. 

Por outra parte, a delicada situación que estamos vivindo, en xeral o pequeno comercio e particularmente as asociacións de comerciantes do Centro Comercial Aberto, imponnos unha alta dosis de decisión, creatividade e prudencia. Somos conscientes de que temos por diante un camiño difícil que transitar pero tamén sabemos que temos unha Asociación totalmente comprometida co desenrolo do sector. 

Quero manifestar que contamos coas vosas suxerencias e a vosa colaboración para acercar ó máximo a nosa acción ás necesidades reais de tódolas/os socias/os. Quedamos abertos a todas as vosas aportacións. 

Con ilusión por seguir loitando polo pequeno comercio. O esforzo non vai faltar.  

Rocío Louzán Blanco 
Presidenta de Zona Aberta