Vilapicto

Pictogramas nos comercios locais 

O comercio local, de cercanía e de trato personal coa veciñanza, non ten sentido si non integra a todas as persoas. Por iso en colaboración con @asociacion_autismobata BATAenRED@ , @filipensesvilagarcia Colexio Filipenses - Vilagarcía @vilagarciaviva @vilagarciaviva e coa colocación dos primeiros pictogramas, -que en istos días se iran poñendo nas portas de entrada de mais comercios colaboradores-, dimos o primeiro paso, e outro paso mais, para facer accesibles as compras a todos os colectivos que teñan necesidade de un produto ou dun servizo. 

Coñecer todas as realidades, e adaptarnos as necesidades específicas de cada persoa que pide a nosa axuda, e a nosa obrigación e devoción como comercio da casa.

Grazas a todas as persoas que participan en este iniciativa! 

A proposta da Asociación Autismo Bata, Zona Aberta colabora conxuntamente co Concello de Vilagarcía e o colexio Sagrada Familia, para facilitar o acceso e integración das persoas diagnosticadas con trastorno de espectro autista TEA, identificando os comercios colaboradores con pictogramas nas portas de entra e escaparates, que de maneira gráfico e sinxela, mostran qué tipo de servicio ou produto se ofrece en cada establecemento. 




Mediante a simbólica colocación dos primeiros pictogramas, damos inicio á campaña, que fará extensible este rede de comercios comprometidos coa igualdade e integración de todas as persoas. 
Igualmente, as persoas que forman parte da asociación Zona Aberta, son conscientes de todas as realidades e diversidades, tomando consciencia do tratamento por igual, pero adaptandose á linguaxe e forma de comunicación do cliente que necesite da sua axuda. Forma parte do noso compromiso de trato cercano e persoal coa nosa veciñanza e visitantes.  

Vídeo da pegada simbólica e inicio de campaña: