Comercio e Hostalería únense en Zona Aberta

Tras un tempo de reunións, a hostalería de Vilagarcía pasa a formar parte oficialmente da Asociación de Comercio Zona Aberta. Ahituvi (asociación de hostalería e iniciativas turísticas de Vilagarcía) desaparece como tal, e os socios desta pasan a formar parte de Zona Aberta, que unifica ambos sectores da economía vilagarciá na mesma entidade.

Esta unión, que se representa na convocatoria de prensa do luns 5 de febreiro do 2024 nas oficinas de Zona Aberta, se representa tamén na participación de nova directiva procedente da hostalería, que se suma á xa existente na asociación, permitirá a unión de forzas para defender os intereses de todos os establecimentos comerciais que forman parte da entidade, aos sectores en particular, e a economía e turismo de Vilagarcía como fin común. 

A partir de esta unión, que se representa de facto na presentación este luns, toca traballar na axenda anual para promoción local e turística: a recuperación de eventos que tiñan grande aceptación, a adaptación dos habituais para que teña cabida toda a a variedade de establecementos de produto e servizo que representa Zona Aberta, e a incorporación de novas formulas de promoción.

ZONA ABERTA. Comercio, Hostalería e Turismo.

A Asociación Zona Aberta, con 30 anos de traxectoria, amplia a unión de sectores profesionais asociados coa incorporación dos procedentes de Ahituvi. 

Así, sobre os asociados anteriormente, que incluen comercio de todo tipo de venta de productos e servizos (venta minorista, perruquería e estética, parafarmacias, axencia de viaxes, asesoramento de empresas, etc..) se suman xa, e poden participar uníndose: locais de hostalería, iniciativas de turismo, hoteis e un longo número de profesionais de ambos sectores, que anteriormente tiñan que elexir entre duas asociacións que os representara, de acordo á categoría á que pertenceran.

Rocío Louzán, presidenta de Zona Aberta, comezou explicando a fusión e a incorporación da nova directiva "Os hosteleiros pasan a formar parte de Zona Aberta, que integrará este sector e as iniciativas turísticas na asociación. Integrámonos xuntos nunha mesma entidade e representación. Esta unión representa tamén a partipación na xunta directiva dos hosteleiros, coa incorporación de tres novas persoas no principal organo de xestión. Esta unión vainos permitir unir forzas, defender os nosos sectores, ter un dialogo mais fluido coa administración. Zona Aberta leva xa trinta anos de traxectoria, e gustaríanos que esta unión supoña outros trinta anos mais de percorrido. Para Vilagarcía e fundamental que estemos unidos.

Rafa, hosteleiro, que ademais formaba parte de Ahituvi, considera que "o futuro da anterior asociación pasaba por facer unha unión forza". Pretende en esta nova etapa a recuperación de eventos e actividades. Cree que a forza de esta asociación vai ser moito mais importante que estar os dous bloques por separado

Pola súa parte, Alvaro Carou, concelleiro de Vilagarcía, ve moi positivo a unión dos dous sectores principais do noso tecido de servizos vilagarcians. "A partir de agora a comunicación vai ser mais directa ao tratarse dun so bloque. Para nos no día a día o traballo vai ser mais fluido ao ter un so interlocutor. E moi boa nova para Vilagarcía, que a partir de hoxe vai ter unha asociación ao frente moi forte que aglutina a ambos sectores e que nos estamos encantados, e estamos a disposición como sempre para axudar en todo o que sexa posible."

Zona Aberta fai unha invitación a todos os locais comerciais de calquera sector en Vilagarcía para unirse en pro do ben común e xuntos facer cidade.