Campaña Día da Nai

Primeiro domingo de maio, 5 de maio do 2024.

Presentouse no local de Zona Aberta a campaña do Día da Nai 2024, coa participación da presidenta Rocío Louzán, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo Alvaro Carou, e o directivo de hostalería de Zona Aberta Rafael Barreiro.

Primeiro domingo de maio, 5 de maio do 2024.

Este ano, o cartel representa, baixo o lema "Nai hai mais que unha" a variedade e diversidade de figuras maternas na nosa sociedade, que queremos se sinta representada nesta campaña e nesta data. 

Coa premisa de "regala comercio, hostalería e turismo de Zona Aberta Vilagarcía" queremos como sempre premiar e agradecer a fidelidade da nosa clientela de cercanía, premiando as compras feitas dende o 17 de abril ata o 5 de maio cun premio de 300€ en vales de compra e unha visita guiada ao Pazo de Rubiáns.

Un regalo para coñecer Vilagarcía

Como continuación da capaña, que a xente coñeza Vilagarcía e o que nos ofrece. Porque a veces coñecemos mais o dos alrededores que o noso. Por iso queremos ofrecer unha visita por eses xardíns marabillosos que ten o pazo. 

Un agasallo á mamá mais recente e a mais lonxeva

Ademais, regalaremos unha cesta de produtos á mamá que de a luz na data no Hospital do Salnés, e a mamá con mais anos de Vilagarcía recibirá tamén un regalo homenaxe da asociación. 

O Concello, man a man coa asociación 

Alvaro Carou, comentou: E un gusto que Vilagarcía conte cunha asociación como Zona Aberta, agora mais amplia, con mais sectores e mais potente. Como con esta campaña e este cartel tan vistoso, nos colaremos con todas as novas propostas, que en breve se informarán. E invitamos non so aos veciños senon as persoas que nos visitan, de todo o entorno, de toda a comarca, que veña a disfrutar da nosa cidade, e que faga gasto no noso comercio e na nosa hostalería, e que revierte no ben de todos e de moitas familias.