XOVES ABERTOS. CONCERTOS NA RÚA
Presentamos o ciclo de concertos Xoves Abertos. Cada xoves dende as 21.30h en varias rúas da cidade, acompañados dun sorteo de 100€ en vales de compra.
Durante seis xoves seguidos, locais e visitantes puideron gozar de actuacións musicais de talento local e bandas da zona en distintas rúas da vila, sempre a partir das 21:30h, creando un ambiente ben chou que animou as noites de verán e dinamizou o comercio e a hostalería da cidade.
Como novidade desta edición, Zona Aberta organizou tamén sorteos de abonos para festivais galegos ben coñecidos como Atlantic Fest e Revenidas, vinculando así este ciclo de concertos tradicionais coas grandes citas musicais do verán na comarca e invitando ao público a participar activamente.
Os Xoves Abertos confirmáronse unha vez máis como unha oportunidade perfecta para escoitar directos en pequeno formato, pasear polas rúas e apoiar á escena musical local, ao mesmo tempo que se desfrutou dun verán con máis vida no centro urbano
PROGRAMACIÓN XOVES ABERTOS 2025 :
- 26 de xuño — The Intro Covers
📍 Barrio de O Piñeiriño
Abertura do ciclo con versións e ritmos para empezar o verán. - 3 de xullo — The Velvet Crab
📍 Rúa Méndez Núñez
Son indie/rock urbano para animar as noites de Vilagarcía. - 10 de xullo — La Velette
📍 Rúa Arcebispo Xelmírez
Música en acústico/fusión que enche de ritmo as xentes. - 17 de xullo — Pablo Galiñanes
📍 Praza da Liberdade en Carril
Actuación con toque persoal no corazón da praza. - 24 de xullo — Perfect Strangers
📍 A Baldosa
Rock/pop ao caer a noite para seguir desfrutando do verán. - 31 de xullo — Señora Dj
📍 O Castro
Peche do ciclo con set en estilo DJ para rematar a tempada con enerxía.
Presentación da campaña
A programación do ciclo Xoves Abertos foi presentada oficialmente a mediados de xuño de 2025, nun acto no que participaron representantes de Zona Aberta e o Concello de Vilagarcía, co concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Álvaro Carou.
Durante a presentación déronse a coñecer as datas do ciclo (do 26 de xuño ao 31 de xullo), os grupos participantes e as localizacións dos concertos, destacando a aposta de Zona Aberta por levar a música en directo ás rúas como ferramenta para dinamizar o comercio, a hostalaría e a vida urbana durante o verán.
O acto marcou o pistoletazo de saída a un verán cheo de música, encontro e actividade nas rúas de Vilagarcía, reforzando o papel da cultura como motor de cidade.
O ciclo está patrocinado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía de Arousa
Fotos da presentación
Música que dinamiza a cidade
Os Xoves Abertos non son só concertos: son unha forma de facer cidade.
Cada actuación converteu unha rúa ou praza nun pequeno escenario, xerando movemento nos bares, tendas e restaurantes da contorna e facendo que Vilagarcía se vivise máis, mellor e durante máis tempo.
Este ciclo é unha mostra de como a cultura e o comercio poden ir da man para crear unha vila máis viva, máis atractiva e máis humana.
Grazas por formar parte
Desde Zona Aberta queremos agradecer:
- Aos grupos e artistas que puxeron a banda sonora do verán
- Aos establecementos asociados
- E a todas as persoas que saíron á rúa, consumiron, pasearon e fixeron que cada xoves fose especial
Fotos das actuacións
O ciclo Xoves Abertos levou concertos gratuítos a distintos puntos da vila, enchendo as rúas de ambiente, ritmo e moitas ganas de quedar un pouco máis.
Durante varias semanas, veciños, visitantes e clientes dos establecementos asociados puideron gozar de actuacións en pequeno formato, ao aire libre, creando esa mestura tan nosa de música + terraceo + compras + verán.
Algúns momentos das actuacións no ciclo de concertos Xoves Abertos Verán 2025