O xoves día 4 de setembro do 2025, organizamos a nosa tracicional FESTA DE VOLTA AO COLE, que se levou a cabo na peatonal Praza de Galicia de Vilagarcía de Arousa, dende as 17.00 e ata as 21.00h
Co obxectivo de dinamizar o centro urbano e ofrecer unha xornada lúdica ás familias, a Asociación de Comerciantes organizou un ano máis a tradicional Festa da Volta ao Cole. A actividade contou con inchables e xogos infantís de balde instalados na zona céntrica, converténdose nun punto de encontro para nenos e nenas tras o período vacacional.A iniciativa tivo unha excelente acollida, cunha ampla participación de público e coa implicación de numerosos establecementos asociados, que apoiaron e difundiron a proposta. Con accións coma esta, a Asociación reforza o seu compromiso coa dinamización social e comercial de Vilagarcía, ofrecendo experiencias que favorecen a convivencia e a proxección do comercio local.
#zonaaberta #festainfantil #comerciolocal #hostalería #vilagarcíadearousa