Campaña de San Valentín “Quérete Moito” de Zona Aberta en Vilagarcía: sorteo dunha cea para dúas persoas e Photocall do Amor na Praza de Galicia.

Zona Aberta presenta “Quérete Moito”, a campaña de San Valentín para impulsar o comercio local en Vilagarcía

Con motivo do Día de San Valentín, desde Zona Aberta — Asociación de Comercio, Hostalería e Turismo de Vilagarcía — puxemos en marcha a campaña “Quérete Moito”, unha iniciativa desenvolvida arredor do 14 de febreiro co obxectivo de dinamizar o comercio e a hostalería local, premiar a fidelidade da clientela e seguir fomentando as compras de proximidade.

Baixo este lema, quixemos lanzar unha mensaxe sinxela e directa: quererse tamén é apostar polo comercio local, polos negocios de cercanía que dan vida ás nosas rúas, xeran emprego e constrúen cidade cada día.

A campaña incluíu diferentes accións pensadas para implicar á veciñanza e crear unha experiencia positiva arredor destas datas.

Por unha banda, todas as persoas que realizan compras nos establecementos asociados a Zona Aberta entran automaticamente no sorteo dunha cea para dúas persoas, que se celebra o 17 de febreiro, como forma de agradecer a confianza depositada no comercio local e incentivar o consumo durante esta data sinalada.

O propio 14 de febreiro, Día de San Valentín, celebrase na Praza de Galicia o Photocall do Amor, unha acción de dinamización desenvolvida entre as 12:00 e as 14:30 horas. Durante este horario, todas as persoas que presentan un ticket de compra dos establecementos asociados poden levar unha fotografía impresa de recordo, reforzando así a experiencia de compra e o vínculo emocional coa hostalería e o comercio de Vilagarcía. A mecánica foi directa: 1 ticket = 1 foto impresa.

Desde Zona Aberta queremos agradecer especialmente a colaboración do Concello de Vilagarcía, en concreto ao departamento de Xardíns, encargado da elaboración do photocall instalado na praza durante a campaña, así como o apoio das diferentes institucións implicadas.

“Quérete Moito” convirtese así nunha acción participativa, próxima e con impacto directo no tecido comercial local, convidando tanto a veciños como a visitantes a celebrar San Valentín na cidade e a seguir apostando polos establecementos de proximidade.

Unha campaña que demostra que os pequenos xestos — mercar preto, compartir unha foto, regalar local — tamén constrúen comunidade.

Quérete Moito. Quérenos Moito. Compra en Vilagarcía.

.

cartel


.

Presentación da campaña



.