Escaparate Dixital

Un proxecto de Zona Aberta que conta na primeira acción de posta en marcha coa subvención da Cámara de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo, Cámara de España, dentro do do programa de Comercio minorista 2020, financiada polo FEDER, a Secretaria de Estado de comercio (Ministerio de Industria, Comercio y Turismo). 


"Mercar por internet pode ser mais barato, pero e unha acción solitaria e carente de emoción, relacionada co encerramento, o illamento e a soidade. Na contra, mercar no comercio local e unha experiencia compartida e satisfactoria, feita nas rúas, a ceo aberto"

Dixitalizar o Comercio, sen sair das rúas 

    A necesidade de promocioar o comercio de proximidade, que da vida ás rúas, que xera economía local, que enriquece a oferta lúdica e turística do pobo, unido á necesidade de dixitalización do sector, fainos considerar unha solución que xunte ambos mundos: o dixital e o real. 

    Podemos e debemos entrar no mercado dixital, pero non somos fortes na competencia. Non e a nosa natureza. O noso forte e o trato directo, o coñecemento das persoas detrás de cada cliente e o asesoramento profesional e persoal. A satisfacción da compra de proximidade, da inmediatez de posuír o ben mercado, a tanxibilidade da compra. Poder ver, tocar, ulir, sentir o produto antes de mercalo. E por suposto afianzar as relacións sociais, creando cidade.

    Iso son beneficios exclusivos do comercio local, nunca do comercio online, e debemos aproveitar e reforzar esta vantaxe competitiva. 

    Ademais, necesitamos que a xente volte a percorrer as rúas, que nos visite sen compromiso antes da decisión de compra. E que este saudable percorrido polo pobo sexa tan ou mais atractivo que visualizar páxinas de produtos nunha pantalla na casa.

    Por iso creemos que levando esas pantallas aos nosos comercios, unificamos experiencias coñecidas, tanto tradicionais como tecnolóxicas:

  1. Voltar aos paseos en familia “para ver escaparates”, especialmente en épocas como Nadal, etc.
  2. Captar a un público dixitalizado que dirixe a sua mirada para ver pantallas, e seguir captando a un público tradicional que dirixe a sua mirada para ver ollos de outras persoas.
  3. Aportar valor á oferta lúdica, animar ás rúas, tal como as iluminamos, dar vida.
  4. Promocioar o comercio no lugar cunha acción enfocada na venta. 
O noso forte e o trato directo, o coñecemento das persoas detrás de cada cliente e o asesoramento profesional e persoal. A satisfacción da compra de proximidade, da inmediatez de posuír o ben mercado, a tanxibilidade da compra. Poder ver, tocar, ulir, sentir o produto antes de mercalo. E por suposto afianzar as relacións sociais, creando cidade. Son beneficios exclusivos do comercio local, nunca do comercio online, e debemos aproveitar e reforzar esta vantaxe competitiva. 

Escaparate Dixital 

    Esto nos leva a unha solución actual, e que ademais nos permitiría unificar aos comercios asociados: instalar pantallas nos escaparates con programación centralizada e contidos informativos de interese xeral, turísticos para fomento da cidade e promocionais para animar á compra: levar as pantallas aos escaparates. 

    Esto se levou a cabo neste proxecto coa instalación de pantallas de alta luminosidade nos escaparates dos comercios asociados, conectados en remoto cun centro de produción de Zona Aberta, no que se programan os contidos e os horarios de emisión. Esto permite crear un canle de información útil para a cidade e a unificación dos comercios asociados a Zona Aberta, xa que non se limitaría á emisión sesgada de un comercio ou a promoción dunha marca concreta (uso habitual da cartelería dixital) senon que pretende ser un punto de interese, que anime á sua consulta e visualización, e que afiance os lazos entre os clientes e os comercios, que dan un paso mais na súa laboura de dar vida ás rúas e facer cidade.

A importancia de "facer publicidade sen facer publicidade" lévanos a descartar o uso exclusivamente promocioal de catálogo de produtos e marcas e centrarnos na emisión de imaxes que transmitan emocións relacionadas co comercio local e coa compra e consumo de produto e servizo de proximidade

    As pantallas, en formato vertical, son modulables, de tal maneira que se poden adaptar ás condicións dos comercios, axustar á parte que sexa destinable para a sua instalación e as dimensions da parte visible.

    Igualmente son móbiles, polo que se pode considerar o uso temporal en diferentes espazos, de acordo a necesidades, rotación en comercios, que poda resultar mais visible e que unifique por rúas, etc.

    Nunha primeira actuación, pretendemos cubrir por as diferentes zonas comerciais abertas todos os locais situados nesa localización, polo que dende un primer momento se beneficiarían todos os comercios. 

Primeira parte do proxecto 

    Nunha primeira actuación de esta actuación, posta en marcha a finais de novembro do 2020, créase a estructura online e os contidos para programar as pantallas usando un servidor na nube. Poñense en funcionamento tres pantallas móviles que son instaladas en tres comercios asociados en tres puntos da cidade, comezando por rúas peatonais cun fluxo constante de persoas. Para esta actuación Zona Aberta conta coa subvención da Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Cámara de España, na posta en marcha deste proxecto e a compra de tres pantallas, dentro do programa de Comercio minorista 2020, financiada polo FEDER, a Secretaria de Estado de comercio (Ministerio de Industria, Comercio y Turismo).  




    As pantallas, de 55 polgadas, 24/7, de alta luminosidade, con conexión a internet e audio incorporado, móntanse sobre base en trípode, discreta, son facilmente transportables e sen necesidade de obra no escaparate. Somentes necesitan un punto de corrente e acceso wifi para por en marcha. Ademais levan programación de encendido e apagado, polo que son absolutamente autónomas e sen necesidade de supervisión por parte do comercio. 


Alcalde Rey Daviña

Castelao 

Arcebispo Andrade


Os contidos 

    A importancia de "facer publicidade sen facer publicidade" lévanos a descartar o uso exclusivamente promocioal de catálogo de produtos e marcas e centrarnos na emisión de imaxes que transmitan emocións relacionadas co comercio local e coa compra e consumo de produto e servizo de proximidade. Así, na programación inicial os clientes poden ver contido nas pantallas que evocan diferentes situacións de persoas mercando, disfrutando, compartindo, dende o feito propio do pracer de mercar ollando e atopando nas estanterías dos establecementos, ou a consecuencia dos bens adquiridos nas reunións familiares, compartindo charla nunha cafetería -queremos facer un guiño a hostalería da cidade-, ben sexa facendo paquetes ou abrindo regalos, etc, que transmite positividade e recalcan os beneficios e os privilexios de mercar nas tendas de barrio

    Ademais, altérnanse  imaxes relacionadas co uso dos móviles e ordenadores nos que existe a soidade ou simplemente non aparece ningunha persoa. Si ben a pretensión non e demonizar o uso de internet ou limitarse a pedir o consumo no comercio local por cuestións solidarias, o punto e recalcar de modo moi sutil os puntos a favor ou en contra: mercar por internet pode ser mais barato, pero e unha acción solitaria e carente de emoción, relacionada co illamento e a soidade, e na contra, mercar no comercio e unha experiencia compartida e satisfactoria, feita na rúa, a ceo aberto. 

Próximas intervencións 

    O proxecto contempla a instalación nunha primeira fase de dez pantallas cubrindo as principais arterias da cidade, facendo rotación das pantallas entre distintos comercios para manter o foco de atención e beneficiar aos diferentes asociados. 

Coa finalización da configuración do servidor de contidos as pantallas serán programadas en remoto, actualizando en tempo real a emisión das mesmas, con promoción das campañas da asociación, novas, celebración de eventos e información de interese. 

Outras melloras paralelas 

    Contemplase a posibilidade de aumentar as prestacións das pantallas para facer medición de fluxos de clientes, utilizando diferentes técnicas compatibles con este puntos de acceso remoto, que permitan coñecer hábitos de consumo e extraer datos de grande valor estadístico para futuras actuacións.